Mina Ilustraciones
Si te gusta nuestro trabajo puedes seguirnos y apoyarnos también desde redes sociales.
Title image

Tienda

Libreta O Principiño Galego – O meu lugar no mundo

7,50

O Principiño Galego chega tamén en forma de libreta. Un pequeno universo ilustrado no que camelias, faros, estrelas e un fiel compañeiro se atopan para imaxinar como sería o mundo do Principiño se nacese en Galicia.

Formato A5 · 14,8 × 21 cm · 64 páxinas en branco · Papel offset de 100 g · Cuberta de 350 g con plastificado mate · Encadernación grampada · 100 % feita en Galicia.

Hay existencias

Descripción

Libreta O Principiño Galego: O meu lugar no mundo

O meu lugar no mundo forma parte da colección O Principiño Galego, un pequeno universo ilustrado no que imaxino como sería a historia dese neno viaxeiro se nacese un pouquiño máis preto de nós.

Na súa portada mestúranse algúns dos elementos máis recoñecibles deste pequeno mundo: faros que nos guían, camelias, estrelas, paisaxes ao carón do mar e un fiel raposiño compañeiro de viaxe.

Cada unha das ilustracións foi creada por min a partir de debuxos orixinais a lapis e acuarela, reunidos despois nun patrón cheo de pequenos detalles para descubrir.

Unha libreta pensada para escribir ideas, pensamentos, listas, apuntamentos ou todo aquilo que queiras gardar. Pero tamén para levar contigo un anaquiño dese lugar que sentimos como propio.

A libreta ten formato A5 (14,8 × 21 cm), 64 páxinas en branco de papel offset de 100 gramos e cuberta de 350 gramos, impresa a toda cor e con plastificado mate. A encadernación é grampada e está deseñada e producida integramente en Galicia.

Un caderno ilustrado para quen busca unha libreta galega diferente, un agasallo feito en Galicia ou simplemente un lugar bonito no que deixar por escrito todas esas cousas que non queremos esquecer.

Porque cada persoa ten o seu pequeno lugar no mundo. E este, inevitablemente, cheira un pouquiño a Galicia. ¡Coñece o resto da colección de libretas galegas de Mina!

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Solo los usuarios registrados que hayan comprado este producto pueden hacer una valoración.